Quico Cadaval Ayaso
 

Quico Cadaval Ayaso (Ribeira, 1960)

Actor, director, escritor e guionista de teatro e televisión, foi o impulsor do movemento de contacontos xurdido en Galiza na década dos noventa. Aprendeu a contar contos grazas a unhas vellas que se encargaron de transmitirlle historias sagradas en boca da xente que frecuentaba a taberna que rexía a súa familia. Comezou na interpretación teatral a fins dos setenta no Centro Dramático Galego para, a mediados dos oitenta, fundar a súa propia compañía O Moucho Clerc. Traballou en diferentes producións da televisión autonómica galega, así como en curtas e longametraxes e recibiu diferentes premios polo seu traballo en teatro. Continúa a traballar no audiovisual como actor e como guionista. Foi profesor de interpretación de Operação Triunfo en Portugal no ano 2003.

Algúns dos seus traballos como actor, guionista ou director son Matías, juez de línea (1995), Cabeza de boi (1996), La rosa de piedra (1999), Amor Serrano (1999),Apaga la luz (1999), Entre bateas (2001), Máxima audiencia (2004) ou A miña sogra e mais eu (2004).