A particular técnica artística empregada por Oiticica en Caminho Peregrino, recoñecida internacionalmente, constitúe unha transformación do denominado ecoarte ou land art combinado coa pintura, que consiste en permitir que a natureza inflúa esteticamente sobre as súas obras. Antes de traballar no Camiño de Santiago, a artista xa experimentara con esta técnica no Amazonas, os Pireneos e na India.
Christina decidiu realizar as súas obras en diferentes puntos do Camiño, aproveitando o relevo das pedras, a intervención da chuvia e da neve, a cor da terra, pigmentos naturais e cera. Unha vez rematadas, a artista “plántaas” ou “entérraas” na terra durante uns meses permitindo a interacción da natureza, segunda fase do proceso creativo.
As persoas interesadas en adquirir o libro poden entrar en contacto coa Fundación Via Galego a través do correo viagalego@viagalego.org ou do teléfono 981.56.38.85.