flash izquierda
flash derecha
flechaFundación

Fundación

A Fundacion

A Fundacion


 
Buscador
Axenda
Campañas
Noticias
 

Información

Informacion
Información
Tel
0034 981563885
Fax
0034 981563885
Correo viagalego@viagalego.org
imagen telefonoLuns a Venres de 9 a 18 hs.
 

A Fundacion


A Fundación Via Galego constituíuse en 2006 co obxectivo principal de fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema lingüístico galego-português. A presentación pública tivo lugar o pasado 25 de abril en Santiago de Compostela, coa presenza da maior parte dos membros do Padroado da Fundación e do concelleiro de Cultura de Santiago de Compostela, Néstor Rego Candamil, e do Secretario Xeral da Vicepresidencia da Xunta de Galiza, Antón Losada Trabada.

Esta Fundación concíbese dentro dun xogo de espellos coa Mesa pola Normalización Lingüística: unha complementariedade en varios aspectos, como os traballos públicos e vías de resolución de problemas ou xestións. A Fundación, en contraste coa Mesa, levarà a cabo un traballo distinto, procurando impulsar moitas iniciativas, varias delas totalmente innovadoras, e non sempre con aparato público.

Ademais de se preocupar por cuestións de formación e laboratorio de ideas sobre normalización lingüística, a Fundación Vía Galego centrarase na CIRCULACIÓN CULTURAL cos outros territorios pertencentes ao sistema lingüístico galego-portugués.

É alarmante a carencia de relacións culturais de Galiza cos outros países do sistema lingüístico galego-portugués. Unha situación que non variou nada nas últimas décadas e que é superada a estas alturas pola interrelación do mundo empresarial (o intercambio comercial entre Galiza e Portugal multiplicouse por 200 nos últimos 20 anos). Paradoxos dun país que continua a ter unha cultura debilitada.

A política levada a cabo nos anos pasados demostra que non é posíbel unha pràctica transversal sobre a circulación cultural cos países de lingua portuguesa que estea intimamente mesturada coas reivindicacións clàsicas da normalización. Faise preciso que esa transversalidade proceda doutra fonte, cun grao alto de iniciativa autónoma, coa sua propia tensión pràctica.

Mais a Fundación non só proxectaría unha nova liña de traballo en relación ao Brasil, Portugal e todo o que iso significa, senón tamén concibindo a acción social da lingua como propicia à influencia, à comunicación e sobre todo à suxestión, fundamental esta última para integrar moitas forzas e esforzos actualmente dispersos, erràticos ou desanimados, tanto no referente às relacións cos países de lingua portuguesa como na pràctica normalizadora que até agora se levou a cabo.

Con este proxecto non se intenta continuar ou volver abrir o debate normativo. O obxectivo é lograrmos romper a situación de "costas viradas" coas culturas que nos son màis próximas, a comezar pola portuguesa. Roza o absurdo que as xentes galegas, que por ser dunha expresión tan semellante à luso-brasileira teñen o privilexio de poder asomarse sen dificultades a unha cultura riquísima, non saiban que poden facelo. A maioría da poboación alfabetizada, que xa sabe ler e escribir en galego.